A Xunta de Galicia pon en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010
(18-01-2010) Xa está aberto o prazo de inscrición
Fonte: Voluntariadogalego.org
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a SA de Xestión do Plan Xacobeo puxeron en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante o Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago.
O programa está destinado a todos os voluntarios e voluntarias que desexen colaborar en tarefas fundamentalmente informativas e culturais.
Nos puntos máis críticos do Camiño haberá postos de información fixos nos que o voluntariado informará das actividades ou servizos que se ofertan na zona. Tamén haberá informadores itinerantes que percorrerán distintas etapas da ruta. E contémplase a posibilidade de acompañar a grupos organizados que previamente o soliciten.
Finalmente, as persoas maiores poderán compartir as súas experiencias e vivencias no Camiño.
O voluntariado iniciará a súa actividade durante a Semana Santa e a partir desa data durante as fins de semana.
Para participar é necesario:
- Ter máis de 18 anos.
- Coñecer o lugar no que se vai desenvolver a actividade.
- Realizar os cursos de formación en liña que proximamente se ofertarán.
Máis información sobre as rutas e puntos fixos de información