A poboación de Haití necesita axuda urxente

(18-01-2010) Caixa Galicia abre unha conta cunha achega de 100.000 euros á que podes sumar o teu donativo

Fonte:  Propia

Caixa Galicia abriu unha conta para recadar fondos destinados a proporcionar axuda á poboación de Haití.

Caixa Galicia, no ámbito da súa Obra Social, decidiu realizar unha achega de 100.000 euros.

Esta cantidade, xunto cos fondos achegados por particulares, será doada a Cruz Vermella Española para a fase de reconstrución.

Suma a túa achega na conta de Caixa Galicia!

2091 / 0000 / 34 / 3040192134 - “Emerxencia Haití”.

Tamén podes colaborar directamente facendo o teu ingreso nas contas que diferentes ONG teñen abertas en Caixa Galicia para esta emerxencia.  

Dedución fiscal

As persoas que desexen beneficiarse das posibles deducións fiscais que poida supoñer este donativo terán que solicitar un certificado dirixíndose directamente ás ONG correspondentes, xuntando o xustificante de ingreso no que conste o seu nome completo e NIF.

No caso de que o donativo se realice na conta de Caixa Galicia "Emerxencía Haití", o certificado haberá de solicitarse a Cruz Vermella Española.

Donativos a través de webs de ONG

Ademais, outras ONG que xa se atopaban no país antes de que se producise o terremoto, tamén reciben axuda a través das súas páxinas webSave the Children, Acción contra a FameEntreculturas e as súas principais contrapartes, Fe y Alegría e o Servicio Jesuita a Refugiados, CáritasMans Unidas, Solidariedade Internacional e Asemblea de Cooperación pola Paz.

Infórmate e colabora!

máis propostas solidarias

comparte este contido... Que é isto?